patrimonio arquitéctonico esquecido en vigo
xoves, 16 de novembro do 2006, por Berio Molina.
categorías: Axenda

documental sobre o PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO ESQUECIDO na cidade de vigo

presentación venres 17 de novembro, as 20:30 no auditorio do centro social de caixanova-vigo
entrada libre_

duración:50 min.
música:trem fantasma

O auxe económico que experimentou a cidade de Vigo a principios do século vinte atopou reflexo na construcción de multitude de factorías industriais que conformaron, co paso do tempo, a paixase da urbe. Edificios como:
a Panificadora,
a Metalúrxica
a Fábrica de almacenaxe de Santa Clara,
...
respondían na súa concepción primixenia a unha nova vontade do arquitectónico, na que o vangardismo tivo un especial protagonismo.

Milleiros de persoas, de traballadores, desenvolveron a súa vida laboral nestes complexos contribuíndo co seu traballo ao crecemento e benestar dos cidadáns de Vigo.

A historia da nosa cidade, dos nosos pais ou dos nosos avós é a
historia destes edificios.

O esquecemento , a especulación urbanística e a indiferencia pola historia fai que as poucas factorías de principios de século que aínda quedan en pé estean a piques de desaparecer....

Equipo:
-Dirección, Produción, Guión e Montaxe: Miguel A. Romero.
-Axudante de Dirección: Beatriz Vázquez Campaña.
-Fotografía/Iluminación : Natalia Morales.
-Son: Alberto castro

Equipo Artístico/Entrevistados:
Celestino García Braña: Presidente do Colexio de Arquitectos de Galicia.
Xose Luis Varela Alén: Arquitecto e autor do libro "Arquitectura racionalista en Vigo".
Mr. Donald Hyslop: Director de Comunicación da Tate Modern de Londres.
Mr. Richard Tracer: Director de Comunicación da Central de Battersea de Londres.
Xosé Carlos Ribas: Historiador.
Ramón Fernández Durán: Escritor e menbro de Ecoloxistas en acción Madrid.
Elena Parojo: Arquitecta

+info:
www.acidadeperdida.org
+contacto:
acidadeperdida–a–bunkergraphics.com

Enviar comentario
Comentarios
18 de novembro do 2006 06:39, por nela que

hola nen@s...alguén foi o acto?
contade como foi......joder eu non puiden ir

18 de novembro do 2006 23:44, por berio

Ola Nela, eu non fun, non creo que fora moita xente de alg-a, xa que estabamos a mil cousas, unha pena...

Cambiando de tema, púxenche a túa proposta de intercambio dentro do foro de alg-a, e creamos unha sección no foro para este tipo de propostas de intercambios de obxectos.
A ruta tela aquí: http://www.alg-a.org/spip.php?page=foro&id_forum=227

Categorías
Berio Molina