rbp31.org (Radio da Bienal de Pontevedra)
domingo, 25 de xullo do 2010, por Chiu Longina.

rbp31 (Radio Bienal Pontevedra XXXI) ofrece un xogo para o oído ao interferir no medio radiofónico tradicional. Faino pondo de manifesto as súas posibilidades expresivas e inherentes, propias dese medio, aínda que expandindo a súa linguaxe normalizada e previsible; interferindo nel. Un proxecto de Escoitar.org para a orella liberado do corsé da escritura e entregado á realidade sensible, aquela que se manifesta a través da vibración dos corpos e obxectos.

Escoitar.org deseñou tamén un sistema de audioguías para “escoitar” o sentido xerado polas obras dos artistas que expoñen a súa obra no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Un sistema composto por reprodutores MP3 e mapeado do espazo mediante sinaléctica (ofrecendo deste xeito experiencias acústicas ligadas a espazos concretos) con entrevistas aos artistas, microrelatos, docudramas e audio-ficción cultural ao servizo da pura experiencia sensorial.

Enviar comentario
Categorías
Chiu Longina