Xesús Valle vén de publicar un mixtape na netlabel Thirteensongs, unha curiosa label donde se publican mixtapes, sesións ou listas de reproducción, baixo o punto de vista dunha persoa por cada release, relacionada co mundo no netaudio a nivel internacional.

Nesta ocasión é Xesús Valle, do netlabel alg-a, quen exerce de selector para mostrar traballos sonoros de tape tum, akihiko taniguchi, lukas scholler, guillaime beauron, tupolev, antanas jasenka & skaidra jancaite, claudia bonarelli, fessenden, nappe e dos alg-as äNACRUSä, que vén de publicar a ultima release no noso netlabel, durán vázquez o propio xésus valle, e berio molina (gracias pola referencia).

Mixtape saramaganta. Xesús Valle. thirteensongs

O mixtape é dunha grande calidade, e mostra porqué os sons experimentais se saen de toda norma para sorprender aos oídos desprexuizados e limpos. Destacar as pezas de tupolev de 12rec (casa de thirteensongs), que aínda sendo un tema antigo, noutros contextos sería xa un clásico, antanas jasenka & skaidra jancaite cunha forza e desasosiego que penetran en tódalas cavidades, Durán Vázquez, o propio Xesús Valle, co torolou que saíra publicado no recopilatorio do netlabel alg-a, e en xeral a tódolos fragmentos deste mixtape, que non ten desperdicio.

A escea experimental segue sorprendendo.

Comentarios
17 de xuño do 2007 12:14, por nela que

ei, XE, onde andas que non te vemos nadiñaaaaaaaaaaaaaaa
un besote
votamoste de menos joderrr

17 de xuño do 2007 13:21, por Xe

pois currando a tope nela !
un bico gordo

.