Chegan a SALA NASA de Compostela hoxe e mañá a orquestra OMEGA: cunhas características configurativas particulares que fan dela un colectivo musical único en Galiza. Unha vintena de músicos galegos que proceden de moi diversos ámbitos do mundo da música conxúganse para conformar esta gran orquesta experimental de improvisación libre guiada baixo condución xestual.