Enviar unha mensaxe
En resposta a : Entrevista a Zachary Lieberman na revista Escaner
9 de novembro do 2008, por Berio Molina

Mañá teño que entregar un traballo e facer unha presentación sobre un artista. Escollín a Zachary Lieberman porque realmente me parece un dos axentes importantes na revolución da arte que ta tendo lugar nesta época na que vivimos. Non tan só polo seu traballo como desenvolvedor de tecnoloxía, senón pola aplicación das súas ideas artísticas, tratadas con total desprexuízo propio dunha xeración ou duns axentes que xa teñen completamente asimilado como natural o uso da tecnoloxía.

Aquí vos deixo unha entrevista donde Zach desvela estas ideas, que aínda que non son revolucionarias pola súa novidade, si que son testigo dunha corrente e da forma de pensar que está arrastrando toda esta grande idea da cultura libre.

Entrevista a Zach Lieberman pola revista Escaner

Foro con subscrición

Para participar neste foro, ten que se rexistrar con anterioridade. Escriba aquí embaixo o identificador persoal que recibiu. Se aínda non se rexistrou, débeo facer inscribirse.

ConexiónInscribirseesqueceu a chave?

Axenda