A Universidade de Santiago desenvolve un ano máis o seu programa de cursos de verán Universidade de verán 2009, espallados por 18 localidades galegas. Os cursos impartiranse dende o 6 de xullo até o 28 de setembro, e abranguen moitos temas interesantes, dende a xestión medioambiental, conservación do patrimonio e relacións entre inmigración, educación e desenvolvemento até a presenza da danza, o cine ou o plurilingüismo na educación, a ficción televisiva, a sociedade do coñecemento e o software libre. (...)