Entrevista a Isaac Cordal
 
por isaac-cordal
martes 16 de decembro do 2008.

CUESTIÓNS_VISIBILIDADE
Entrevista feita por Xosé Manuel Lens para o capítulo Cuestións de visibilidade do libro Espazo documental.


Preguntas: Xosé Manuel Lens

1. Dentro do panorama galego, crees que existen suficientes ámbitos de promoción da creación contemporánea? Que campos cres que se deberían potenciar ou mellorar?

Adicarse a creación en xeral é unha elección con moitas dificultades, pero levalo a cabo dende Galicia o convirte nunha actividade de risco a tódolos niveis. O panorama galego penso que sobrevive un pouco do que se importa dende fora, ou ese afora é un escaparate para poder vender en Galicia aos concellos, os Museos, a Xunta, etc.
As ramas máis mimadas dende as institucións son o teatro e o audiovisual galego cunhas inversións económicas e axudas importantes e resultados pouco rentables e cun rango de calidade do máis variado. No caso dos artistas “plásticos” a súa individualidade, a pouca ou nula capacidade de asociación, os convirte nos grandes esquecidos, sen axudas institucionais e obrigados a competir en premios e concursos que non repercuten en absoluto na creación de cultura. Exposicións desmembradas. Eu son dos que creo que nunha exposición colectiva debe cobrar toda a xente que expón, non hai primeiros nin segundos, o que hai e moito esforzo a tódolos niveis detrás do traballo de cada un. Eu non amo o arte …

Por exemplo a nivel concellos, nos papeleos, na contabilidade; se lle paga a un artista en plan músico, pero non se contempla o produto dun artista plástico do mesmo xeito, e como algo que non se poden tratar dende a legalidade administrativa.

O meu modo de ver a promoción da cultura contemporánea galega paréceme que primeiro habería que profundar en que perfil cultural estamos a crear aquí, cales son as súas necesidades, etc. O problema é que Galicia continua sendo unha comunidade marcada pola emigración, tanto por motivos culturais como por necesidade, e os eslavóns que contribúen para crear cultura están desaparecidos e demasiado confiados nas mans das institucións. A nivel cultural os galegos teñen que estudar fora porque a universidade galega non ofrece máster específicos, a súa traxectoria pode ter maior repercusión noutros lugares etc. A nivel da necesidade, como mostra da situación laboral de moitos galegos forzados a traballar fora. Poderiamos sumar a isto, a participación nos fluxos migratorios globais, sen dramatismos, como algo normal e necesario para o enriquecemento cultural propio.
A mágoa e a pouca repercusión de todo iso que lle acontece a os galegos que están fora na propia Galicia. A nosa mínima axitación social, a falta de intercambios culturais con outros artistas, a falta de residencias artísticas, a ausencia de axudas institucionais os artistas, a falta de espazos de creación, etc.

A cultura dun lugar faise entre todos e as veces todo o que aportan os galegos a nivel global volta como un produto de fora. O baremo da pulsión vital dunha cidade galega con moitos dos seus galegos retornados tan só podemos presumila no Nadal.

2. Que rol crees que deben ofrecer as institucións públicas ou privadas (centros ou museos de arte, as galerías, as fundacións) e os axentes como críticos, comisarios ou xestores, neste capítulo da visibilidade?

Penso que Galicia espera demasiado das institucións publicas e a realidade debería construírse máis con inversións privadas. Unha cousa curiosa e que as inversións privadas máis coñecidas fan unha labor de marketing brutal, mínima oferta cultural máximo resultado mediático, é o caso de tódolos bancos, caixas, etc que coa súa obra social promoven calendarios mensuais, pero non apostan polas iniciativas do pais, prefiren todo o que sexa seguro, sen arriscar nada. Eu penso que en Galicia hai moitos cartos, hai un colchón enorme, pero non se inverte en cultura e si en especular con ela, do mesmo xeito que coa construción etc. Aqueles cartos que mandaban os emigrantes para facer escolas laicas era unha siña de identidade de querer construír un pais.

Hai unha carencia de espazos de creación, centros de cultura contemporánea máis que da necesidade de manutención dos museos de arte contemporáneo. As veces éstos realizan esa función, pero o ter o lastre muse’istico tan presente quedase a medias. Hai moitísimos edificios en pe baleiros de contidos; auditorios, casas de cultura, palacios de congresos, sen programación cultural, adornando as nosas cidades. Penso que en Galicia e necesario outro concepto dos espazoso de creación, non como contedores sino como produtor, promotores e educadores. A ese nivel hai moitas asociacións de veciños que son verdadeiros exemplos de autoxestión.

Por outra banda, a visibilidade das galerías e moi tímida, case a modo de tapaderas económicas, creo que non son un soporte ou unha rede de referencia da arte galega. No caso dos xestores, críticos e comisarios non sei moito da súa actividade, penso que isto non debe ser moi bo para min sendo artista, non?. Penso que a interrelación entre as súas labores e vital para o funcionamento no desenvolvemento de proxectos, pero quizais falta mais emoción, mais facer o que queres que o que te deixan facer, que quizais e un dos principais problemas da institucionalización de todo e un dos recursos máis utilizados para defender a mediocridade.


Portada do libro. + info

3. Cales pensas que son as causas da escasa visibilidade dos artistas galegos fóra de Galicia? Política institucional, bolsas, feiras, colaboracións entre institucións,...

Penso que un pouco todo isto que estamos falando. Falta que ela mesma quera ser visible dun modo colectivo, coa interrelación dos artistas, dos xestores, dos comisarios, dos críticos, das galerías, dos periodistas especializados, etc. En Galicia moitas veces tes que asumir papeis que non te corresponden polas carencias nos eslavóns de creación de cultura. Unhas veces fas de comisario, outras veces de xestor, e eu penso que iso e moi compricado, e algo que tes que facer case pola necesidade para aportar contidos en Galicia. Con Alg-a.org este ano fixemos o I Encontro Internacional de Artes Transdisciplinares – Fronteiras2007 organizado conxuntamente coa a asociación lusa Binaural. A Xeración atlántica, supoño que foi un pouco iso que se deron as premisas adecuadas, a conxunción’on dun traballo encadeado por parte de critica, comisariado e os propios artistas.

A modo individual hai poucos galegos os que lle vai ben e poden vivir do Arte como Antonio Murado e Francisco Leiro, que son coñecidos fora.

4. No teu caso resulta paradigmática a túa páxina web, que funciona como un “work in progress”; a rede oferta unha inesgotable relación de posibilidades, como valorar a túa experiencia?

Moitos proxectos teñen a necesidade de presentarse na rede, deste xeito podes amosar audio, vídeo, textos, fotos, etc con moita facilidade e visualizalo rapidamente. A miña experiencia e bastante positiva no sentido de compartir información, de traballo en rede e a rede como biblioteca aberta as 24 horas. Xestiono xunto a Berio Molina e Antia Sánchez o net label de alg-a, un selo que difunde audio experimental mediante licencias libres na rede (http://www.alg-label.com). Hai cousas que necesitan ese formato. Paul Mockapetris inventor del DNS, sistema que da nome ás direccións de Internet comenta que “Internet desaparecerá en dez anos”, por su integración total na nosa vida cotián, estaremos conectados sen darnos conta.

A tecnoloxía que nos venden nos grandes almacenes dosifica a mercancía en pequenos lotes para sacar máximo rendemento económico dos seus avances, oculta o rodamento, o seu funcionamento interno e así cada vez máis sentimos unha distancia entre nos e as ferramentas que manexamos. Internet sen embargo no seu apartado de ferretería social apórtanos múltiples ferramentas de participación social e de reorganización individual para traballar colectivamente. O escritorio convértese nun taller versátil que participa e manipula a nosa visión moderna do afora. A nova intemperie está máis familiarizada co ciberespacio que co frío inverno do parque.

5. Considero que na túa traxectoria resulta destacable o feito de ofrecerse desde unha dimensión de traballo en comunidade, como entre outros, en Alg-a; como advirtes esta realidade dos colectivos en Galicia? quizais como saídas lóxicas e proxectuais na visibilidade?

Gústame a idea de Chiu Longina de pensar nunha xeración IFI.IFI como xa sabedes foi o festival de novas tendencias de Galicia entre o 2002 e 2004, un evento moi importante no que moitos artistas galegos participaron dalgún xeito, ben na organización ou ben amosando os seus traballos. Digamos que despois de todo aquelo algunha xente decidimos seguir en contacto para compartir información e inquedanzas, e xurdiu alg-a como unha plataforma aberta on line. Algúns de nós estabamos desperdigados e Internet ofreceunos a posibilidade de traballar en bloque, sen un epicentro claro. Agora temos un proxecto moi ambicioso dun laboratorio de creación artística a partir da cesión duns contedores de 90 metros cadrados polo arquitecto Santiago Cirugeda, xa que temos a necesidade de traballar fisicamente, de ter un lugar onde organizar conferencias, concertos, exposicións, intercambios con outros artistas, etc. Pódese consultar o proxecto do laboratorio na seguinte ligazón: http://alg-a.org/spip.php?article547

Penso que sería interesante que houbese mais colectivos porque obviamente consolida unha escea, despois a cooperación entre eles fai que se poda chegar a novos retos complementandose as carencias duns coas virtudes dos outros. En Galicia hai colectivos interesantes, mais ou menos activos, comoArkestra, A.C. Fase, Sinsal, Capricho espanhol, Embaixada prusiana, Escoitar, Flexo, Fundación Intemperie, etc.

6. Dentro da túa programación ou esquema de presentación profesional como artista plástico, cales son as canles ou resortes que empregas?

A paxina web facilitoume algunhas exposicións. Agora en Febreiro expoñerei na Galería JM de Málaga e foi exclusivamente unha colaboración que xurdiu pola web.

URL do artigo : Entrevista a Isaac Cordal : http://www.alg-a.org/Entrevista-a-Isaac-Cordal
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 Spain de Creative Commons. Para ver unha copia desta licenza, visite http://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.5/es/ ou envíe unha carta a Creative Commons, 559 Nathan Abbott Way, Stanford, California 94305, USA.

ddavp mg costo methotrexate costo meloxicam orlistat generic propranolol generic premarin venta libre clomid barato requip comprar online amoxil generic zovirax generic venta enalapril genérico lipitor venta libre famvir comprar en línea orlistat compra online nexium barato