Crónica Sónar. Día 3
 
por Berio Molina
, isaac-cordal
martes 7 de xullo do 2009.

Carlos Suárez

O noso querido amigo Carlos Suárez abriu a derradeira xornada do Sónar de día na Capela do Convent dels Àngels, no escenario Sónarcomplex. Facíanos moita ilusión a súa inclusión na programación do festival, xa que como moitos de vós sabedes editou dous dos seus traballos no net label alg-a, e máis recentemente o seu Alegorias do poder no net label Larraskito. Neste senso quizais foi o único representante do net audio (refírome con isto a que non ten, polo momento, cdr físico editado e os seus traballos están publicados on line) do Sónar 2009. Un feito que consolida dalgún xeito a escea dos net labels estatais como difusores da arte sonora experimental.

A actuación de Carlos non podía ser noutro sitio que nesta capela do século XV. A hora da actuación (13:30h) non permitía pensar nunha masiva afluencia de público, cousa que foi unha mágoa, pero que era moi previsible polas resacas varias do persoal asistente o Sónar noite. Con todo, os derradeiros dous días o Sónar de día colgou o cartel de sold out e os tickets rondaban os 60 euros na reventa. O seu set deu comezo cunhas voces, a modo de susurro, nas que Carlos ía mezclando a súa propia voz con paisaxes sonoras, comezou así o ritual sonoro que o caracteriza é que soa a Carlos Suárez, a esa mistura de sons tribais e paisaxes sonoras. Todo isto coa escenografía dunha inmensa cúpula e co resplandor tenue dunha vela. A natureza case en silencio, con pequenos chasquidos, convertese nun inmenso zumbido atronador de xungla, mistura do legado antropolóxico sonoro de Venezuela e Galicia (cun percorrido por eses sons en perigo de extinción). Penso que foi un dos mellores concertos que vin de Carlos e nun marco, o festival e a capela, que espero lle sigan moitos máis.

http://www.myspace.com/carlossurez


Carlos Suárez no Sónar from alg-a on Vimeo.

Ebony Bones

Ebony Thomas é a cantante que lidera Ebony Bones, o parecer unha nena prodixio acostumada os focos, a extravagancia e disposta a asumir o éxito. A verdade que nós non tiñamos moita idea de que ía o rollo. Un pouco perdidos esperando a hora de ir ver a Ben Frost caimos na proba de son de Ebony Bones, cos seus membros sen a parafernalia de disfraces que se gastaron na posterior actuación. Pola contundencia do seu son nas probas parecíaque ía a tocar unha banda de metal máis que outra cousa: o seu estilo é unha especie de post-punk con electrónica, pop e doses de metal. Tan só vimos dous temas, que estiveron ben, coa saída espectacular da cantante e as coristas moi graciosas coas súas coreografías.


Ebony Bones no Sónar 09 from alg-a on Vimeo.

Ben Frost

Ben Frost é un compositor australiano afincado dende 2005 en Islandia onde colaborou con Bjork, Aminaa o Valgeir Sigurðsson. O seu disco Theory of machines é todo un estandarte do minimalismo, ambient e noise. O seu concerto foi na Capela, con algúns problemas de son no principio, cousa que fixo que Ben estivese moi enfadado cos técnicos, unha vez solucionado este problema tampouco minimizou as súas ansias de que lle subisen cada vez máis e máis o sound system. Hai que dicir que o seu son foi perfecto, incluso cando non estaba ben o 100%, sorprendeume o control de todo o que facía cunha limpeza e claridade incrible coa súa guitarra (obviamente con capas de ruído estrondosas). Algúns dos seus temas son un inmenso fader contido que nunca chega a explotar del todo. Quizais Fennesz, Oren Ambarchi e Ben Frost sexan unha nova xeración de guitarristas no que o seu son a pesar de utilizar a seis cordas é un medio máis que un fin. O concerto de Ben Frost foi o mellor do Sónar de día da edición 2009.

Ben Frost publicou na súa web vídeos da actuación no Sónarcomplex. Cun escueto texto no que reflexiona sobre a PA de son aquel día. The PA was angry that day my friend…

Ver vídeos.

Ben Frost myspace



Ben Frost no Sónar 2009 from alg-a on Vimeo.

Tanto a Transmediale como o Sónar tiveron na súa programación un especial do selo Raster-Noton cos memos artistas: Frank Bretschneider "rhythm" [DE] / Byetone "d.o.a.t." [DE] / SND [UK] / Alva noto "unitxt" [DE]

SND

SND é o proxecto sonoro de Mat Steel e Mark Fell dende Sheffield pertencentes o universo Raster Noton. No seu set en Maria am Ostbahnhof no Transmediale o volume era atronador, e no Sónar repetiron ese proceso cansino e monótono do seu minimalismo electrónico. Penso que é un dos concertos máis aburridos que vin en tempo, case unha tortura.

snd no sónar from alg-a on Vimeo.

Alva Noto

Alva Noto é o pseudónimo do artista alemán Carsten Nicolai, coñecido polas súas interesantes instalacións, e vídeos relacionados co fenómeno sonoro. A súa actividade é moi extensa. Director do universo electrónico Raster-Noton. Alva Noto participa en varios proxectos entre os que persoalmente destacaría a súa colaboración por separado con Ryoji Ikeda e con Ryuichi Sakamoto. Alva Noto é fonte de inspiración para moitos artistas electrónicos. A súa actuación chea de glitches, clicks, ruídos soaba a él mesmo, a ese estilo que lle caracteriza.

http://www.alvanoto.com/


Byetone

Byetone é o pseudónimo de Olaf Benders, comanager de Raster-Noton, responsable do entorno gráfico e relacións publicas do selo. O seu concerto foi moi intenso e cun son perfecto.
http://www.myspace.com/benderbyetone


Atom™

URL do artigo : Crónica Sónar. Día 3 : http://www.alg-a.org/Cronica-Sonar-Dia-3
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 Spain de Creative Commons. Para ver unha copia desta licenza, visite http://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.5/es/ ou envíe unha carta a Creative Commons, 559 Nathan Abbott Way, Stanford, California 94305, USA.