w34 é un dos novos proxectos do artista galego Servando Barreiro.
w34 é unha performance de audio e video manipulados a tempo real por medio de PD, hardware e sensores customizados polo propio Servando. O son é modificado dependendo da luminosidade das imaxes. Este set foi presentado recentemente no liveperformersmeeting 09 en Roma. As fotografías e vídeos foron gravados entre Galicia e Berlín, lugar onde reside actualmente. O son recolle gravacións de campo con micros binaurais feitos polo artista e o uso de hardware controlado con PD.
w34 from Servando Barreiro on Vimeo.
Na súa web tamén podes atopar o patch Mestura, para manipular vídeo, imaxes e son a tempo real.